Esquerda Unida lamenta a morte dun militante moi querido pola organización, artífice dos grandes procesos de confluencia política da esquerda, membro da dirección nacional de Esquerda Unida e actual alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, “un referente político para os homes e mulleres que acreditan na unidade política e no compromiso social”. A coordinadora nacional de […]
O Plan Galego de Vacinación fronte ao Sars-COV2 iniciouse a principios de 2021 coa vacinación das persoas residentes e traballadoras dos centros de maiores e continuou, tras a segunda recepción de vacinas, polo grupo de persoal sanitario considerado de primeira liña. Esquerda Unida entende que a Xunta de Galicia debera incluír de xeito prioritario ás […]
Esquerda Unida só pode valorar como positivo a nova recibida este luns sobre o acordo entre Alcoa e o Comité para negociar a venda á SEPI da factoría e considera que sen a tenaz loita sindical este situación non se houbera acadado. Sen embargo, Esquerda Unida entende que unha participación pública na empresa non pode […]
Onte coñecíase a vontade definitiva de Siemens-Gamesa de pechar as súas prantas en As Somozas e Cuenca, finiquitando así a totalidade das súas factorías logo do peche en 2020 da pranta ubicada en Navarra. No caso da factoría galega, os despedimentos afectarían a 215 traballadores nunha comarca moi castigada xa nos últimos anos pola perda de […]
Esta semana coñecéronse os datos de vacinación de Covid-19 que indican que nos primeiros días tras a chegada da vacina contra a Covid-19 á nosa comunidade, se administraron tan só 25% das vacinas recibidas. A Xunta, pola súa parte vén de trasladar que as porcentaxes son moi superiores nesta semana. Esquerda Unida traslada que máis […]
Nos meses de novembro e decembro de 2020 a Xunta de Galicia publicou diversas axudas ao sector da hostalería en relación ao cese e modificación da actividade causada polas restricións de Covid-19. Desde o principio da pandemia Esquerda Unida leva reclamando axudas tanto para a hostalería coma para o pequeno comercio que complementen ás Estatais […]
O Presidente da Xunta, Núñez Feijoó dirixiuse esta tarde ás galegas e galegos no tradicional discurso de fin de ano apelando á sensibilidade das persoas que máis dificultades pasaron nesta pandemia, ben por perda de familiares, ben por problemas económicos ou por soportaren o illamento relacionado coas restricións adoptadas. Sen embargo, Núñez Feijóo, esquécese que […]
A coordinadora nacional de Esquerda Unida Eva Solla, fixo unha balance deste ano 2020 marcado pola pandemia e que remata sen ter cumplidas unha boa parte das medidas que se tiñan que ter tomadas desde a Xunta de Galicia para facer frente ao impacto da crise sanitaria. “Rematamos o ano da mentira por parte da […]
O incremento de novos casos de coronavirus en Galicia, vinculados ao entorno social, sucédese á vez que descoñecemos o número de persoas que estarían a realizar o traballo de rastrexo na nosa Comunidade. Esquerda Unida súmase ás denuncias da comunidade sanitaria no noso país e reclama que a Consellería de Sanidade faga públicos os datos […]
Eva Solla coordinadora de EU e secretaria do PCG, xunto con Rubén Pérez secretario de organización de EU e René Gamborino secretario de organización do PCG en representación de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia presentaron hoxe un escrito nos xulgados de Vigo onde reclaman a reapertura da querela criminal presentada no 2018 […]
A administración local é a principal coñecedora da realidade económica e social de cada concello, e durante a pandemia da Covid estas administracións desenvolveron un papel fundamental de servizo, proximidade e atención a pesares das limitacións económicas impostas polo marco normativo vixente. Situación que pon en evidencia a limitación que a lei 2/2012 impón á […]
A agrupación de Esquerda Unida (EU)-Esquerda Unida (EU) de Vigo avogou por “reforzar” a militancia e por potenciar alianzas en base á as propostas programáticas, en lugar de limitadas a “intereses electorais”. Así o detallou, en declaracións a Europa Press, o coordinador local de EU, Rubén Pérez, quen precisou que no marco da asemblea local […]
Esquerda Unida reuniu este sábado a súa Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, para unha valoración dos resultados electorais das eleccións autonómicas e na que estivo presente o secretario de organización de IU federal, Ismael González. Os resultados electorais deste 12 de xullo sitúan a Galicia nunha nova maioría absoluta do Partido Popular […]
A federación de Izquierda Unida no exterior realizou un simulacro de envío de documentación electoral cara a oito países para constatar a disparidade de acceso ao dereito ao voto provocada pola vixencia do sistema de voto rogado e agravada polas restricións pola covid-19. O resultado deste simulacro: máis de tres semanas para un envío realizado […]
Durante a actual pandemia por coronavirus a Xunta de Galicia decidiu retirar ao únicos médicos que dan atención nos consultorios de Palmira e Corrubedo, ambos no concello de Ribeira. A decisión unilateral, que non foi xustificada con informe algún, ten significado a perda do servizo sanitario nestes dous núcleos poboacionais e o traslado para ditas atencións […]
A recente sentenza do Tribunal de Xustiza de Galicia, obriga á empresa concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) a pagar o Imposto de Bens Inmobles ao Concello de Vigo, e evidencia unha realidade que se levaba reclamando dende o ano 2015, no que foi inaugurado. Esta sentenza, segundo a coalición, contradí o que a Xunta […]
Esquerda Unida advirte que en plena pandemia a Xunta de Galicia está a levar a cabo a licitación do servizo de hemodiálise para toda a Área Sanitaria de Vigo cunha única empresa participante: a Fundación Íñigo Álvarez de Toledo. Eva Solla: “A Xunta de Alberto Núñez Feijóo vai conceder a explotación de este servizo sanitario […]
Esquerda Unida lembra que os 20 millóns de euros do Plan Estatal de Vivenda 2018-2020 e o fondo adicional de 5,4 millóns de euros teñen que estar xa a disposición dos galegos e galegas afectados por situacións de vulnerabilidade social e habitacional. Esquerda Unida considera que o adianto dos recursos ten que levar parello a […]
Ante a decisión unilateral de Núñez Feijóo de convocatoria electoral de eleccións autonómicas en Galicia, Esquerda Unida considera que non se cumpren os dereitos democráticos de todas as galegas e galegos con dereito a voto e que residen no exterior. Desde a reforma electoral de 2011 coa implantación do voto rogado, demostrouse convocatoria tras convocatoria […]
Logo de case dous meses de seren desprazadas a un hotel tras a decisión da Xunta de adicar a Residencia pública de maiores “Porta do Camiño” á atención de persoas afectadas de coronavirus procedentes de residencias privadas, Esquerda Unida demanda que as persoas residentes poidan volver ao seu fogar. “Foi un despropósito que se desprazase […]
A Coordinadora Nacional da formación política, Eva Solla, reclámalle á Consellería de Sanidade que no novo centro sanitario que ocupará o espazo dos actuais xulgados se manteñan como mínimo a totalidade das prazas de persoal dos tres centros de saúde que serán substituídos. O pasado 5 de marzo a Xunta de Galicia publicou na Plataforma […]
A situación provocada pola Covid19 esixe dun proceso de desescalada que neste momento se atopa na denominada fase 1, na que entre outras cousas reabre o pequeno comercio. Desde Esquerda Unida consideramos necesario o fomento e dinamización do consumo neste tipo de comercios porque ademais de reactivar a economía local contribúe ao tamén necesario fomento […]
O pasado 24 de Abril o Consello da Xunta anunciou o reparto de máscaras protectoras nas farmacias a pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros, persoas en situación de risco de exclusión e persoas sen emprego. Esquerda Unida entende que a decisión de facilitar este medio para evitar a transmisión do coronavirus é unha decisión […]