A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla vén de participar no programa “Bos Días” da TVG, presentado polo xornalista Marcos Sueiro, no que falou sobre actualidade política de cara aos procesos vindeiros de eleccións.
“Imos cunha candidatura de izquerda ampla, En Común, para dar continuidade ao traballo que as compañeiras e os compañeiros fixeron nestes últimos anos”, dixo. “Estamos preparadas para comezar a campaña porque xa levabamos tempo preparando as municipais”, explicou Solla.
“Nós en Galicia asinamos un acordo diferenciado ao do Federal para concorrer ao Congreso, con independencia de que os actores se repitan. O acordo de Galicia se asinou de maneira específica, nun marco propio”, sinalou.
“Situar a Yolanda Díaz por Pontevedra foi para recoñecer o seu traballo no Congreso a prol dos intereses de Galicia e para garantir a continuidade do seu traballo. Non é unha defensa individual de cada persoa, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino… senón do seu traballo. Estamos contentas coa defensa que se fixo dos sectores productivos do país e do debate que houbo”, explicou.
Por último, preguntada pola viaxe a Venezuela, Solla destacou que “a escalada bélica, por parte de EE.UU., apoiada por Colombia e o Brasil de Bolsonaro e que desgrazadamente apoiou tamén a Unión Europea, viola os dereitos defendidos por parte das Nacións Unidas e supón unha continua ameaza ao pobo venezolano”, é por iso que “os representantes públicos temos a obriga de mostrar o noso apoio ao movemento de solidariedade e soberanía dos pobos”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.