A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe as instalacións da sede da Policía Autonómica de Vigo, onde mantivo unha xuntanza cos seus responsables e axentes.
Acompañada polo comisario xefe da UPA de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena, e a inspectora xefa da UPA en Vigo, Sheila González Lago, ofreceulle o seu apoio e destacou o imprescindible traballo da Policía Autonómica no eido da prevención e a investigación de incendios forestais, a conservación do medio ambiente, a protección de menores e de vítimas de violencia de xénero ou o furtivismo.
E no contexto actual de crise sanitaria, a delegada agradeceulles especialmente o seu traballo de inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas pola covid -19.
Por outra banda, Fernández-Tapias insistiu na mellora operativa que suporá o traslado sa sede actual á futura Cidade da Xustiza en canto rematen as obras. Precisamente, respecto a esta infraestrutura sinalou que os traballos avanzan a bo ritmo tal e como puido constatar nunha visita recente ás obras e na xuntanza que mantivo co seu arquitecto Alfonso Penela.
A representante autonómica recordou que esta infraestrutura, que conta cun investimento de máis de 40 millóns de euros e 44.000 metros cadrados, acollerá 37 unidades xudiciais -con espazo para outras 20, en caso de futuras ampliacións-; e a medio milleiro de profesionais da administración xudicial que contarán ademais cunha gardería con 40 prazas.
Segundo dixo, se mantén o obxectivo de que os traballos conclúan no primeiro trimestre de 2021 e que ao longo deste ano se leve a cabo, tamén, o traslado de todas as infraestruturas xudiciais a esta nova sede.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.