Formar para emprender, novo reto do CDL

Publicado por o día 17/01/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) do Concello de Ponteareas acolleu a presentación do programa da Deputación de Pontevedra, “depoEMPRENDE II” cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Dirixido a menores de trinta anos en situación de desemprego, “depoEmprende II” fomenta a cultura emprendedora e imparte formación acreditada para o emprendemento, ademais de adestrar aos participantes no manexo de ferramentas e metodoloxías innovadoras.

Co obxectivo de facilitar a incorporación laobral das persoas beneficiarias e impulsar o emprendemento como un dos factores clave da economía, “depoEmprende II” favorece a transformación de ideas en proxectos concretos e ofrece procesos de mentorización con asesoramento e supervisión para a creación do proxecto de negocio.

Tódolos interesados en participar deben porse en contacto a través do enderezo electrónico promociondoemprego@depo.es ou no teléfono 986 804 100, extensións 40854 e 40853.

Ao acto de presentación asistiron a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, e a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández; que animaron aos presentes a traballar naqueles proxectos que lle ilusionen e a formarse o máximo posible para que a súa idea se converta nun proxecto profesional.

Fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento debido a súa aportación de creatividade e innovación, eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento de personas mozas de toda a provincia non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribúindo á viabilidade e sostenibilidade das novas empresas ou ofrecer itinerarios de emprendemento da mocidade adaptado as necesidades das personas en diferentes localizacións par afomentar o equilibrio territorial, son algúns dos obxectivos deste programa do que se beneficiarán 135 persoas menores de trinta anos.

O goberno de Ponteareas aposta polo bo entendemento e a intensa colaboración con outras administracións e institucións, como a Deputación de Pontevedra, para acadar a mellora tanto nos servizos como na calidade de vida da veciñanza incidindo en sectores tan básicos e necesarios como o fomento de emprego.