Fridays for Future Vigo – Xuventude polo clima rexeita profundamente a celebración do Black Friday debido aos comportamentos de consumo desmesurado que provoca e a pouca sostenibilidade sobre a que está construido. E é que por defecto, o consumismo, afecta ao medio ambiente de forma negativa, xa que implica unha conversión de recursos naturais ou materias primas en produtos elaborados que, nalgúns casos, o uso que se fai deles non é o suficientemente intensivo como para compensar todo o coste ambiental que conleva a súa manufactura. Este problema vese agravado durante o Black Friday, momento en que o sistema de distribución destes produtos vese moi presionado, xerando un gran impacto nas cidades. Se ben coincidimos con este razoamento, estas palabras non son nosas, senón do profesor da Universitat Oberta de Catalunya Eduard J. Álvarez Palau.
Outra consecuencia negativa do Black Friday é o estrés que causa nos comercios locais. Por unha banda, ao verse obrigados a baixar os prezos para poder competir contra empresas máis grandes, e por outra, pola preferencia do usuario de comprar a través de internet. De feito, esta última opción podería parecer mellor, ao economizar en desprazamentos e, en consecuencia, en emisión de gases contaminantes. Pero, segundo a investigadora en Economía Neus Soler, a imposibilidade de agrupar os pedidos (dado que se fan moitas entregas pequenas) e o enorme uso de envases de cartón e plástico para a súa embalaxe, sumado á dificultade de entregalo nunha única viaxe (pois o cliente non sempre se atopa no seu domicilio) e o transporte internacional, contrarrestan a vantaxe de que o comprador non teña que desprazarse.
Así, Fridays for Future Vigo pon en coñecemento a súa axenda de actos –tanto os que organiza como aqueles nos que participa– con motivo do rexeitamento desta celebración:
Sobre Xuventude polo Clima – Fridays for Future (F4F) Vigo
Fridays for Future é un movemento ecoloxista e apartidista da mocidade internacional que reclama acción contra o cambio climático e o quecemento global. Naceu da man de Greta Thunberg, activista sueca que comezou a manifestarse cada venres fronte o Riksdag (parlamento sueco) en agosto de 2018, en horario escolar. Esixía á clase política e á sociedade un cambio de paradigma para frear o cambio climático.
Hoxe, a súa voz é mundial e chega tamén a Vigo, dende onde buscamos a mobilización pacífica para pedir medidas reais ante a situación insustentable, a través da concienciación e a acción. Porque sen planeta, non hai futuro
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.