A Consellería de Sanidade notificou este martes outros 12 falecidos con covid-19 en Galicia, co que a cifra total de vítimas da pandemia ascende a 1.474. Destas 12 vítimas, a metade procedía de residencias de maiores.
En concreto, seis dos enfermos faleceron no Hospital Clínico de Santiago. Trátase de dous homes de 89 anos, dunha muller da mesma idade, dunha muller de 87 anos, dun home de 65 e dunha muller de 89. Esta última procedía da residencia Servisenior de Brión Ademais, no ámbito hospitalario, notificouse o falecemento dun home de 85 anos que se atopaba ingresado no Hospital da Coruña.
As outras cinco mortes notificadas producíronse en centros residenciais. Na residencia integrada Cegadi faleceron un home de 87 anos e outro de 69 procedentes da residencia de Ribeira, así como unha muller de 90 anos do Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, rexistrouse a morte dun usuario de 90 anos da residencia Paz e Ben de Tui, que este martes foi intervida pola Xunta, e dunha muller de 84 anos na DomusVI Vimianzo.
Galicia rexistra un total de 8.810 casos activos por coronavirus
O incremento de casos non se detén nin se frea. Esta xornada o Sergas notifica 8.810 casos activos, o que son 560 casos máis, a maior suba no que vai de pandemia. Dende o 24 de decembro, Galicia sumou 3.155 casos activos.
Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos
• A Coruña: 2.064 (+120)
• Santiago: 1.810 (+131)
• Vigo: 1.579 (+95)
• Ourense: 1.140 (+100)
• Lugo: 810 (+32)
• Pontevedra: 809 (+51)
• Ferrol: 598 (+31)
Se observamos a evolución baseándonos nos datos do histórico (e non dos casos notificados diariamente), a curva da que sería a terceira vaga debuxa unha empinada tendencia ascendente, montándose enriba da segunda.
Segue aumentando a presión asistencial
O número de persoas hospitalizadas en Galicia continúa subindo ata achegarse ás 500 persoas: hai 491 ingresadas, 421 en planta (+24) e 70 nas UCI (-1).
A cifra de vítimas no que vai de pandemia chega ás 1.462, logo da notificación por parte do Sergas do pasamento de doce persoas por mor da covid-19.
Cifra récord de positividade
Cae a cifra de probas PCR realizadas ata as 6.232 (-1.817), pero delas dan positivo 719, o que deixa unha taxa de positividade do 11,54 %, a máis elevada no que vai de pandemia e dispoñemos datos oficiais ao respecto. Son máis de seis punto por riba do recomendado pola OMS.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.