Gran desfeita nas Gándaras de Budiño

Publicado por o día 15/02/2020 na sección de Galicia,Medio Ambiente,O Porriño

Gran desfeita nas Gándaras de Budiño

As Gándaras de Budiño é un ecosistema situado no sur do municipio de Porriño, na provincia de Pontevedra, España. Ocupa unha superficie de máis de 700 hectáreas ao longo do río Louro, afluente do Miño. Pola súa proximidade ao Atlántico e á humidade da zona, convértese nunha zona pantanosa de importante valor natural.

Neste lugar, atopáronse asentamentos paleolíticos que se poden visitar grazas aos percorridos de sendeirismo.

Pero o máis destacado das Gándaras de Budiño é a súa fauna e flora; a vexetación acuática e sobre todo a gran cantidade de aves migratorias que teñen un punto de cría nesta zona fan das Gándaras un lugar de gran interese científico.

A Cámara Municipal do Porriño comezou a tallar o Habitat Prioritário “bosque aluvial de amieiros” do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro para posteriormente aterrar o lugar.

O motivo da corta das árbores segundo Verdegaia, é a construción de instalacións para un centro de formación dual e emprego, dirixido pola fundación Aceesca de apoio a persoas con discapacidade intelectual. A superficie a construír será de 1.000 metros cadrados e para iso o Concello do Porriño deu a aprobación para iniciar os traballos de corta e recheo.

A Conselleria de Medio Ambiente deixa fazer a pesar das terras afetadas estaren incluídas no Plano de Recuperación do sapoconcho comum (Emys orbicularis), catalogado En Perigo de Extinción.

O Colectivo ecoloxista Verdegaia manifiesta pide a paralizacíon imediata da obra que está a degradar ainda máis a Lagoa de Budiño incluída na Rede Natura 2000 e situada a menos de 200m.

Por outra parte indícase que esta zona está perto do Camiño Portugués a Santiago, e de construírse as edificacións previstas, a contorna paisaxística acabaría moi afectada e deteriorada. Doutra banda, esta zona aluvial é considerada unha área inundable preferente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Desta maneira, as posibles construcións estarían afectadas por enchentas imprevistas do río Louro.

O grupo municipal Eu Son Porriño manifestouse en facebook co seguinte texto “Non queda nada, a desfeita é continua, a falta de conciencia medioambiental do Concello do Porriño é total e vén de lonxe. Agora apróbanse declaracións de emerxencia climática e asínanse compromisos que logo quedan en nada. A excusa: seica non houbo tempo aínda. Cando se constitúe unha Comisión de Medioambiente? Traballo hai por facer e podiamos comezar por sentar e falar”.