Hoxe presentouse a primeira edición do festival “Cantares por el Camiño”

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Hoxe presentouse a primeira edición do festival “Cantares por el Camiño”

Esta tarde presentouse no Concello de Vigo a primeira edición do Festival “Cantares por el Camiño” organizado pola canle de Youtube, de orixe viguesa, do mesmo nome xunto ao Concello de Vigo. A canle, leva varios meses realizando vídeos, en formato acústico, dunha vintena de bandas viguesas e decidiron pechar a primeira etapa cun concerto, o vindeiro sábado 5 de outubro, nin máis nin menos que na preciosa leira de Villasolita, en Alcabre.

Desa forma, bandas como Tronka Jazz Quartet, Sheila Patricia, Los Marcianos, Ari Magritte, Epoje Tatum, Walter César, Nos Molsom, Antonio Tato, Ritmoceronte e Tincho Fernán  daranse cita nunha noite na que, desde as 20:00 e con entrada gratuíta, poderemos comprobar o execelente estado de forma que vive a música da nosa cidade.

Ademais, dentro da política de accesibilidade do festival, contan coa axuda desintereada de entresignos.com, na que Paula Gándara, interpretará as letras de todas as cancións en directo para as persoas que poden oir.

O festival está apoiado polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, demostrando o seu gran compromiso coa música local, especialmente, dos artistas máis emerxentes.