Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui “Invisibles”.
Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.
O espectáculo está baseado no libro homónimo de Montse Fajardo, autora tamén de “Matriarcas” e “Un cesto de mazás”. “Invisibles” presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Unha reflexión sobre o perfil das mulleres que sofren, sufriron, esta lacra e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.
Con este espectáculo Redrum presenta dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Busca que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 15 de febreiro ás 12h, e este mesmo venres dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezo de 6€ e 5€.
Redrum con “Invisibles”
- Data: Venres, 15 de febreiro, ás 21.30 h
- Lugar: Teatro Municipal de Tui
- Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres 15 de febreiro ás 12 h. O venres, 15 de febreiro, dende ás 20 h no despacho de billetes
- Prezos: 6€ e 5€
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.