Mar covoca os exames ordinarios teóricos e prácticos para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas para 2018

As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B
Por o 14/03/2018 | Sección: Mar
Mar covoca os exames ordinarios teóricos e prácticos para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas para 2018

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 21 de maio e o 10 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 22 de maio e o 11 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 23 de maio e 12 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 25 de maio e o 14 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.

No que respecta aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 24 de maio e o 13 de setembro, e o práctico terá lugar o 25 de maio e o 14 de setembro. Os exames teórico e práctico de patrón de moto náutica A e B serán o 25 de maio, nunha única convocatoria. Estas probas de capitán de iate e de patrón de moto náutica A e B realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

As persoas interesadas en presentarse aos exames teóricos e prácticos deberán solicitar a súa admisión mediante unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución que publica hoxe o DOG. Ademais na resolución poderán consultar os requisitos necesarios e a documentación complementaria que debe presentar coa solicitude. Para a convocatoria de maio poderán inscribirse do 2 de abril ao 20 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 20 de xullo ao 10 de agosto, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas, e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.

A continuación adxúntanse as datas dos exames e os centros onde se efectuarán, tanto na súa convocatoria de maio coma na de setembro. Cabe recordar que, no caso de patrón de moto náutica A ou B, non hai convocatoria de setembro.

Convocatoria de maio de 2018

dav

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.