Marea de Vigo ante as tasas e prezos públicos para 2020

Tal e como alertou Marea de Vigo-Son En Común no debate das Ordenanzas fiscais e dos prezos e taxas públicas para 2019 as supostas conxelacións eran simplemente “aprazamentos de subas para aplicalas despois das eleccións municipais” o que constitúe unha práctica habitual deste goberno e un engano á cidadanía viguesa.
Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo ante as tasas e prezos públicos para 2020

Marea de Vigo-Son En Común vén de coñecer a proposta de modificacións das ordenanzas fiscais para 2020 e as propostas de prezos e taxas públicas para o vindeiro ano aprobadas hoxe na Xunta de Goberno Local. Como todos os anos realizará emendas e propostas alternativas na súa tramitación en Pleno pero en todo caso quere sinalar os seguintes aspectos, aspectos que preocupan ao grupo municipal:

No tocante ao IMPOSTO DE BENS INMOBLES Vigo segue a incrementar o tipo de referencia, colocándoo agora para o inmobles de natureza urbana nun 9,10 moi preto do 1,1 de tope que marca o ministerio de facenda. A elevación contínua deste gravame, que pasou nos sucesivos gobernos de Abel Caballero do 0,6 ao actual índice, supón incrementos moi importantes aos que teñen que facer fronte as familias viguesas en contextos económicos cada vez máis desfavorables para as súas economías.

Marea de Vigo considera moi importante que pese a negativa reiterada a aplicar recargos no IBI a vivendas desocupadas expresadas nas sucesivas emendas presentadas polo seu grupo ás ordenanzas fiscais dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019, por fin se inclúa o concepto de recargo sobre a cota líquida do imposto dun 50% para os inmobles desocupados coa novidade de que a ordenanza municipal para 2020 incluirá a catalogación de inmoble desocupado de carácter permanente a aquel que “durante os últimos 8 meses a media de consumo de auga fose inferior  2,5m3/mes”.

No resto de ordenanzas e taxas (rodaxe, lixo, Actividades económicas, escolas infantís, retirada de vehículos…) as subas de 2,5% na maioría non só está moi por enriba das previsións do IPC real para 2020 (estimado en 1,1% no IPC total e 1,7% no caso do IPC dos servizos públicos como indica o informe de FUNCAS e o propio INE). Para nós indicar que esta suba “está por debaixo da media do IPC dos últimos anos” é “facerse trampas ao solitario” xa que os IPC de antes de 2015 e a actualidade son radicalmente diferentes e agora hai que desindexar os custes derivados de productos enerxéticos (petroleo, etc..) que desvirtuaban notablemente os IPC xerais.

Do mesmo xeito resulta extremadamente grave seguir a elevar o tipo de referencia do IBI, que pasa do 9,901% ao 9,910% achegándose un ano máis ao tope legal que marca o ministerio. Especialmente graves tamén son, segundo a Marea de Vigo, as subas dun 3% nos prezos públicos das escolas municipais de Música e Artes Escénicas.

Marea presentará emendas a estos prezos e taxas orientados a evitar o impacto que nas familias viguesas pode causas esta proposta do Goberno local.

Una respuesta para "Marea de Vigo ante as tasas e prezos públicos para 2020"

  1. Gamela   27/07/2019 at 10:06

    Marea de Vigo foi CÓMPLICE na venta dos 40 pisos de propiedade municipal, gardou SILENCIO ante o regalo por 2,6 millóns a Manuel Jove de 10.000 m2 en primeira liña de praia, e agora celebra que os propietarios das vivendas desocupadas podan ABRIR A BILLA durante un día enteiro para librarse do recargo do imposto ?

    Quen fai a lei tamén fai a trampa…

    Marea de Vigo é unha pura trampa electoral, que expliquen como se fixeron coa súa nova sede na Porta do Sol (mentres nin siquera publican as súas declaracións de bens como marca a lei)
    https://flic.kr/p/2ggUgHt

    Á sombra do alcalde vívese de marbilla…?