Marta Fernández-Tapias e o COAG estudan posibles vías de colaboración no marco do consorcio Casco Vello de Vigo

Publicado por o día 04/01/2021 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe a xunta directiva da delegación viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Durante a reunión, encabezada polo seu presidente, Manuel Martínez Carazo, valorouse a posibilidade de establecer maiores sinerxías entre ambas institucións e estudar posibles vías de colaboración no marco do Consorcio Casco Vello de Vigo.

Tanto Fernández-Tapias como Martínez Carazo coincidiron en destacar a gran labor de rehabilitación desenvolvida polo organismo público e recoñecida polo COAG con premios como o Grande Área outorgado a San Sebastián 4-5 e Subida ao Castelo 5-7.