Medio centenar de persoas, artistas e colectivos pediron a apertura do Centro Fotográfico de Vigo

Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Medio centenar de persoas, artistas e colectivos pediron a apertura do Centro Fotográfico de Vigo

A convocatoria lanzouse nas redes sociais, convocatoria realizada polo colectivo CAIN. A concentración empezaba ás 19horas desta mesma tarde na Praza Eduardo Chao.

Na convocatoria pediase que as persoas, artistas e colectivos levaran consigo unha foto en calquera formato e soporte (carnet, familiar, póster, cartaz, polaroid…), os organizadores da xornada protesta esixen a enteira dedicación do Centro Fotográfico de Vigo á fotografía.

Ao remate da concentración as persoas que portaban as fotografías nun acto simbolico fixeron as suas pegadas.

O Manifesto

Queremos facer público o noso rexeitamento á decisión do Concello de Vigo de ceder á Deputación de Pontevedra o edificio que foi construido con fondos europeos para ser o Centro Galego da Fotografía.

Todas sabemos, que a súa historia é a historia que acompaña a meirande gran parte dos centros e espazos culturais que se contruíron con Fondos Europeos: a deriva e o total abandono. Así, o Centro foi cambiando de denominación dende a inicial, Casa Galega da Fotografía, ata o desafortunado nome de Centro da Arte Fotográfica de Vigo, mais nunca se fixo público un proxecto que o definirá, agás que albergaría o Arquivo Pacheco e a colección  fotográfica que xeraron a Fotobienal de Vigo e a Sala dos Peiraos, está última nos almacenes do MARCO sen ningún tipo de uso.

Cinco anos despois de iniciarse a construcción do edificio, aínda sen rematar o interior, usouse parte da pranta baixa para presentar, durante a campaña das eleccións municipais de 2015, unha mostra do arquivo Pacheco, sen o máis mínimo rigor. Unha vez rematada pechouse sen realizar ningún tivo de acondicionamento do interior para acadar  a anunciada finalización. A día de hoxe a fachada amosa o deterioro que o edificio esta a sufrir tras anos de abandono.

Desexamos solicitar ao Concello de Vigo, a realización dun proxecto para Centro de Fotografía e que se leve a cabo, cos seguintes obxetivos:

 Promover e difundir a valiosa Colección de Fotográfica que posúe o Concello de Vigo, na que están representados as e os fotógrafos galegos e fotógrafas e fotógrafos dos máis relevantes do panorama fotográfico internacional.

 Continuar o traballo realizado nas décadas dos oitenta e noventa por situar a Vigo como referente no campo da fotografía internacional. Este feito produxo a inmersión de artistas internacionais na cultura galega que promoveron, a través de proxectos realizados in situ, o espallamento e visibilidade da nosa cultura en xeral e da cidade de Vigo en particular.

3º  Promover a investigación e visibilidade da fotografía histórica galega e dun xeito particular do Arquivo Pacheco, que concentra un século da historia da cidade de Vigo e non merece a situación de deixadez na que se atopa.

Potenciar a producción fotográfica galega, promovendo o seu estudo, exposición e divulgación.

Galiza precisa un Centro específico de fotografía como existen noutros países, e a cidade de Vigo debería ser o seu enclave dada a importancia que tivo no eido fotográfico e que deberá de recuperar.

O Centro de Fotografía non debe de conformarse con almacenar a colección debe de ser un centro vivo que dinamice a actividade fotográfica galega e que a sitúe no mapa do mundo.

O colectivo organizador teñen na web changue.org unha recollida de sintaturas que poden aquelas persoas interesadas en apoiar esta iniciativa asinar, nesta ligazón: http://chng.it/JrkCLDqPFV

Na rede

 

Una respuesta para "Medio centenar de persoas, artistas e colectivos pediron a apertura do Centro Fotográfico de Vigo"