Medio Rural reforza a súa coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na anticipación aos incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte mantivo reunións de traballo con responsables do Seprona en Galicia e da Unidade da Policía Autonómica
Publicado por o día 26/01/2021 na sección de Medio Ambiente,Xunta de Galicia

Medio Rural reforza a súa coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na anticipación aos incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse co comandante Víctor Manuel Leiva, novo coordinador do Seprona da Garda Civil en Galicia, así como con Manuel Carlos Rico Noceda, xefe de grupo de incendios e medioambiente, e Claudio Emilio Amboage Fuciños, subinspector e subxefe do grupo de incendios, ambos da Unidade de Policía Autonómica (UPA).

A xuntanza serviu para a análise e posta ao día dos protocolos e liñas de colaboración que mantén a Consellería do Medio Rural coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado -máis concretamente coa Garda Civil e a UPA- para garantir a máxima eficacia do dispositivo de loita contra o lume.

Ademais, nestes encontros de traballo púxose de manifesto o interese de todas as partes por reforzar os habituais mecanismos de cooperación existentes, para potenciar o xa elevado grao de coordinación nesta materia, así como para continuar intensificando o labor de loita fronte á actividade delituosa incendiaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.