Ningún Desaloxo sen Realoxo!

Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,RSP,Social,Vigo

Ningún Desaloxo sen Realoxo!

Ante a irresponsabilidade municipal na xestión do desaloxo do barrio do Cura e tendo en conta as situacións que se están a producir queremos propoñer, acompañadas pola RSP Vigo e Distopía unha protesta cidadá este xoves día 2, ás 11:30 da mañá diante do antigo Asilo, que noutrora foi o choupano máis grande de Vigo, para esixir realoxo inmediato destas veciñas do Casco Vello expulsadas da contorna (asilo, Rúa Llorente, Santa Marta..)

Camiñaremos ao rematar até o Olivo como símbolo da cidade para describir o modelo da que queremos ter. Igualmente dirixirémonos por escrito á concelleira de políticas de Benestar e tamén ao alcalde para trasladar a nosa postura sobre a xestión deste conflicto.

Animamos a todas a asistir a mostrar o voso rexeitamento urxente a esta grave falta de responsabilidade social e política.