Non te perdas o inclusivo Camiño SenLímites 2018!

Publicado por o día 28/01/2018 na sección de Confederación de Anpas Galegas,Social

Non te perdas o inclusivo Camiño SenLímites 2018!

Onte estivemos no Ágora da Coruña falando do Camiño SenLímites con diversas asociacións participantes sobre varios temas, posibles eivas, dúbidas, propostas,…
Estes días pasados tamén tivemos cita na Costa da Morte, e dentro de pouco estaremos en Compostela falando con colectivos que traballan nas NEAE (no local da Federación Galega de ANPAS Compostela).
E o 16 de febreiro facemos a presentación pública no local da federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte.

Non te perdas o Camiño SenLímites 2018!!!
Ten coidado, se vas… repites!