Novas restricións pola Covid, comunicadas pola Xunta de Galicia e de aplicación no Porriño a partir das cero horas do mércores 27

Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Galicia,O Porriño

Novas restricións pola Covid, comunicadas pola Xunta de Galicia e de aplicación no Porriño a partir das cero horas do mércores 27

As novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a expansión da pandemia en Galicia terán unha duración de 3 semanas como mínimo. É dicir, ata o 17 de febreiro.
Son de aplicación no Porriño e en todos os demais concellos galegos

➡️ Peche total da hostalería. Só haberá servizo a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.

🛍️ Comercio esencial mantense igual con horario ata as 21:30 h. (supermercados, farmacias, talleres do automóbil, estacións de servizo, entre outros). O resto do comercio pechará ás 18 horas. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.

📚 A Universidade de Vigo e as restantes de Galicia estarán pechadas e sen clase ata o 8 de febreiro. A partir desa data as clases serán en liña exclusivamente e a partir do 17 de febreiro tentarase retomar a educación presencial. O resto da actividade educativa mantense nos colexios, institutos e garderías. Polo tanto continuarán as clases en primaria, infantil, secundaria e bacharelato.

Pechan bibliotecas, museos, centros culturais e suspéndense os espectáculos.

⛹️‍♀️ Tan só poderá realizarse practica deportiva individual e ao aire libre. Con máscara. Os ximnasios deberán pechar así como os centros deportivos. Suprímese o aforo de público aos espectáculos deportivos nos recintos ao aire libre e nos recintos pechados. E seguen en suspenso as competicións deportivas federadas de ámbito galego.

👥 Reunións limitadas a conviventes

📌 O Porriño continuará pechado perimetralmente. Todos os concellos galegos tamén pecharán perimetralmente.
O toque de queda segue a ser ás 22 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.