Novo réptil en Galicia, Zamenis longissimus

Publicado por o día 31/05/2020 na sección de Medio Ambiente,Galicia,Social,Sociedade Galega de Historia Natural

Novo réptil en Galicia, Zamenis longissimus

A serpe de esculapio (Zamenis longissimus) é unha cobra presente no noreste da península ibérica, con algunhas poboacións illadas hacia o oeste da península.

Recentemente observouse e fotografiouse esta especie na provincia de Ourense.

A observación informada nesta nota amplía a distribución da especie case 100 km cara o Oeste, representando a primeira cita da especie en Galicia.

Esta cita amplía o número de réptiles autóctonos presentes en Galicia, feito que non se producía dende hai moitas décadas, a excepción da descripción de Iberolacerta galani, que foi o desdobramento doutra especie.

Podes descargar a nota completa na revista BRAÑA.

Zamenis longissimus fotografada en Ourense (Jesús Fariñas)