O accidente mortal no que se viron implicados dous vehículos esta mañá en Oia saldouse, ademais, con tres persoas feridas

Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Sucesos

O accidente mortal no que se viron implicados dous vehículos esta mañá en Oia saldouse, ademais, con tres persoas feridas

O 112 Galicia tivo constancia de que o accidente no que unha muller perdeu a vida esta mañá en Oia saldouse, ademais, con tres persoas feridas que foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O sinistro, que tivo lugar na estrada que une Baiona con A Guarda, rexistrouse ao fío das 12:15 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para informar dunha colisión na que estaban implicados un turismo e unha furgoneta.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, debido á posibilidade de que houbese persoas atrapadas. Finalmente, a muller foi liberada sen o emprego dos equipos de excarceración, aínda que, con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, mentres duraron as tarefas de atención aos feridos, os axentes da Garda Civil de Tráfico se encargaron de regular a circulación e establecer as condicións de seguridade na vía.