O Concello de Nigrán amplía o seu equipamento deportivo adpatado coa adquisición da súa primeira bicicleta con apoio eléctrico

O vehículo, adquirido con cargo ás baixas do Plan Concellos da Deputación, tivo un custe de 9.000 € e se suma aos catro cos que xa contaba o Concello para o uso público de persoas con discapacidade
Publicado por o día 02/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán amplía o seu equipamento deportivo adpatado coa adquisición da súa primeira bicicleta con apoio eléctrico

O Concello de Nigrán ven de ampliar a súa flota de ciclos adaptados coa adquisición da súa primeira bicicleta con apoio eléctrico con cargo ás baixas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por importe de 9.041 €. Este quinto vehículo deportivo municipal para uso de persoas con discapacidade (e o correspondente voluntario de apoio) é o primeiro deles que conta con motor eléctrico, un suplemento especialmente útil para largos percorridos ou con fortes pendentes.

“Como os outros catro ciclos adaptados cos que contamos desde 2017, este tamén é para o uso de calquera persoa con discapacidade que o desexe, é un servizo público máis que ofrecemos desde o Concello e, neste caso, conta co extra dun motor eléctrico para suplir a forza física do voluntario cando sexa preciso”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que se trata dunha iniciativa máis de ‘Un Nigrán para todos’, o proxecto do goberno local que busca eliminar as barreiras físicas e cognitivas, situando ao municipio na vangarda das cidades máis inclusivas.

Nesta caso trátase duna bicicleta adaptada con cadeira de rodas, que se suma á xa existente sen motor eléctrico, e á cadeira todoterreo mono-roda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo co- pilot e unha bicicleta adaptada. Todos estes ciclos con base no Pavillón Municipal son empregados cada semana por usuarios do CEE Juan María, estando igualmente dispoñibles para toda aquela persoa que o desexe.

“A Policía Local de Nigrán conta con varios axentes que colaboran con DisCamino (proxecto que naceu para unir Discapacidade e Camiño de Santiago axudando a estas persoas para cumprir o seu soño de chegar a Santiago) e o CEE Juan María”. Queremos achegar o deporte e o lecer a todas aquelas persoas que teñen algunha discapacidade, estes vehículos son moi específicos e teñen un custo elevado, polo que non todas as familias se poden permitir adquirilos, así que desde o goberno consideramos a súa compra fundamental no noso firme propósito por alcanzar a inclusión total”, finaliza o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.