O Concello de Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para recibir doazóns de roupa de cama e tallas grandes para o roupeiro municipal

Ubicado ao carón do IES Val Miñor e xestionado por voluntariado, abre ao público para doazóns e entregas os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas e o venres pola tarde mediante cita previa
Publicado por o día 15/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para recibir doazóns de roupa de cama e tallas grandes para o roupeiro municipal

O Concello de Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para solicitar á doazón de roupa de cama e tallas grandes en bo estado para o Roupeiro Municipal nun momento de especial necesidade ante a crise económica derivada da situación sanitaria e a ola de frío. O voluntariado, despois destas semanas de gran reparto debido ás temperaturas xélidas, detecta á necesidade de recibir máis roupa de cama de todo tipo (sábanas, mantas, edredóns, nórdicos) e prendas de tallas grandes (masculinas e femininas, desde calzado a abrigos, pantalóns…). O Roupeiro (situado na rúa Paradellas, ao carón do IES Val Miñor) abre os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas (os venres de 16:30 a 18:00 mediante cita previa no 986383081) cun protocolo Covid-19 que garante a máxima seguridade na entrega e recepción de doazóns.

Comentar noticia

Your email address will not be published.