O Concello de Nigrán concedeu un total de 26.476 € en subvencións a 18 entidades culturais, veciñais, educativas e deportivas do municipio. A pesares de que a partida orzamentaria destinada a este fin incrementouse no 2020 de 72.000 € a 80.000 €, neste pasado ano as socilitudes de axuda caíron drásticamente ao non teren organizado moitas actividades por mor do Covid-19 (incluso como novidade podían incluírse os gastos derivados da aplicación do protocolo sanitario). Igualmente, ao non constituírse as Comisións de Festas por vez primeira non houbo solicitudes ao respecto. Neste sentido, compre sinalar que o Concello creou o programa ‘Música nas Parroquias’ para ofrecer actuacións que permitisen celebrar as verbenas en sesión vermú investindo nesta acción 30.000 €, cantidade que o goberno local consignará novamente no orzamento de 2021.
Así, neste ano 2020 recibiron axudas municipais as asociacións de Bolos de Camos e A Carrasca, a E.D.Val Miñor, Ureca, C.B.Nigrán, Laroca, C.C.Rías Baixas e Eixotolo; as entidades veciñais e culturais de Camos, Chandebrito, Priegue, Parada, Monteferro e Ramallosa; e a Asociación de loita contra o Cancro e a ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes.
Coma en anos anteriores, mantívose a contía máxima da subvención aínda que as partidas orzamentarias en todos os casos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.