O Concello de Nigrán promove mediante unha guía os pedidos nos locais hostaleiros abertos para recollida o envío a domicilio

Un total de 9 establecementos se anotaron para participar nesta campaña municipal xurdida tras o peche obrigatorio dos locais ata, mínimo, o 17 de febreiro. O Concello de Nigrán volve a asumir o 100% do custe dos envíos a domicilio
Publicado por o día 31/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán promove mediante unha guía os pedidos nos locais hostaleiros abertos para recollida o envío a domicilio

O Concello de Nigrán promove desde hoxe e mediante unha guía recompilatoria baixo o título ‘Agora máis que nunca a hostalería precisa de nos’, os pedidos a domicilio nos nove establecementos que, polo de agora, se sumaron a esta campaña municipal. A localidade repite o modelo que levou a cabo durante o peche sanitario forzoso de novembro, asumindo novamente as custas do reparto a domicilio mediante a contratación propia do servizo no termo municipal e ampliándoo aos 7 días da semana (anteriormente era de luns a sábado). Os negocios que non figuren na guía e/ou interesados en contar co reparto gratuíto municipal aínda poden solicitalo por correo electrónico a comunicació[email protected] indicando os seus datos básicos -nome do negocio, especialidade, onde ver a carta e teléfono para pedidos-. A guía irá actualizándose se é preciso e distribuirase desde hoxe mesmo a través de redes sociais e cartelería.

“Este é un golpe moi duro para os negocios de Nigrán, que por terceira vez en pouco tempo afrontan o peche, por iso temos que ser conscientes da situación e apoialos facendo pedidos a domicilio. Cada un de nós ten a posibilidade de axudalos, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por eles”, indica o alcalde, Juan González, quen anunciou a semana pasada unha segunda liña de axudas directas ao sector (esta nova convocatoria, na que xa se está a traballar para poder levar as bases ao pleno de Marzo, súmase á actualmente en vigor por importe total de 120.000 € con cargo ao Remanente de Tesourería e cuxo prazo de solicitude remata o 17 de febreiro). A maiores, o propio rexedor confirma que manterá neste ano a bonificación do 75% da taxa por terrazas (máximo permitido por lei) e, adicionalmente, continuará co plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade e animar a programación cultural de Nigrán, especialmente durante o verán ou en festividades.

“Segundo a pandemia evolucione o Concello irá tomando as decisións correspondentes, enfocadas todas a salvar o comercio local”, explica González, quen avanza que o Concello continuará coa súa campaña para promover as compras de proximidade no pequeno comercio “como estilo de vida, non como solución transitoria mentres dure a pandemia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.