O Concello de Ribadumia levará a cabo as devolucións de recibos de auga que non foron domiciliados

Publicado por o día 21/05/2018 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que se vai poñer en marcha a última fase das devolucións dos importes de subministro de augo aínda non devoltos no procedemento efectuado polo ORAL.

Unha vez rematado o proceso polo que o ORAL debía encargarse da devolución de recibos con consumos emitidos erroneamente polo subministro de auga durante os anos 2015 e 2016 e tras recibir por parte deste organismo o listado dos contribuíntes aos que non se lles puido practicar ditas devolucións, o Concello pasará a facerse cargo das memas.

Para poder levar a cabo os correspondentes reembolsos, é preciso que os veciños afectados faciliten un número de conta, mediante unha copia da cartilla do banco ou un certificado de conta bancaria, a nome do titular do recibo de auga. Esta documentación poderá ser entregada na Casa da Cultura de Ribadumia dende o luns 21 de maio ata o venres 25, en horario de 8:30 a 14:30, ou a través do correo electrónico catastro@ribadumia.org.

Por outra banda, o Concello informa de que o período para aboar o padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) de 2018 estará aberto ata o vindeiro 9 de xullo. Aquelas persoas que non teñan o recibo domiciliado, poderán realizar o pago en ABANCA ou Banco Sabadell. Así mesmo, a taxa de recollida de lixo do segundo semestre de 2017 dos veciños que non conten con domiciliación bancaria poderá pagarse nas mesmas oficinas ata o 14 de xullo.