O Concello de Tui tense dirixido aos grupos parlamentario de PP, PSOE, PODEMOS (En Marea) e Ciudadanos solicitando que apoien a inclusión nos Presupuestos Generales del Estado dunha partida de 100.000€ que permita financiar un concurso para a redacción do proxecto de execución da reconstrución do Teatro Principal de Tui.
Dende o Concello explícase que o proxecto redactado en 1986 non é válido na actualidade dado o cambio que se ten producido na normativa, así coma debido á degradación que o inmoble sufriu o longo deste tempo. Apuntan amais que a redacción deste proxecto é o paso previo para que o Teatro Principal – propiedade municipal – poida ser rehabilitado nos anos 2020 ou 2021 con cargo ao capítulo 6 de investimentos do Ministerio de Fomento.
Dende o Concello enviaráselle tamén copia desta solicitude á Dirección General de Arquitectura.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.