O Maratón Fotográfico Concello de Vigo chega á súa 23ª edición froito da colaboración do goberno vigués e da Agrupación Fotográfica Galega, cooperación que “mellora cada ano”, en verbas do concelleiro.
O presidente da Agrupación, Jesús Nieto, agradeceu o apoio do Concello, “patrocinador principal” tanto en orzamento como e cesión de espazos, “indispensable” para o “éxito” da actividade e a súa consolidación.
Segundo explicou Nieto, este Maratón opera como un concurso no que os participantes teñen 24 horas para fotografar catro temas que coñecerán no momento, co único límite do termo municipal de Vigo. A organización agarda contar coa participación de entre 150 e 175 amantes da fotografía, pois actualmente son xa 50 os inscritos. O Maratón concede 1.800 euros en premios, 1.000 para o primeiro clasificado.
Como novidades deste ano, o espazo anexo do MARCO será o recinto no que se exporán as fotografías seleccionadas. Está a ser adecuado para que se estree coa mostra de fotografía saída da 23ª edición do Maratón. Ademais, engadiu o presidente da Agrupación, haberá unha exposición retrospectiva dos últimos cinco anos da cita.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.