O goberno local convoca 900 prazas para o programa de inmersión lingüística en inglés

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas para a participación municipal de inmersión lingüística en lingua inglesa. Segundo explicou o alcalde, serán un total de 900 prazas para que os estudantes vigueses da ESO viaxen a Inglaterra e Irlanda.
Publicado por o día 06/03/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local convoca 900 prazas para o programa de inmersión lingüística en inglés

Estamos educando a xeracións enteiras de mozos e mozas vigueses para que falen inglés”. Así pronunciouse este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras informar dunha nova convocatoria do programa de “Vigo en Inglés” para o alumnado de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas para participar no programa municipal de inmersión en lingua inglesa de alumnado de centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos.

O vindeiro luns 16 de marzo abrirase o prazo para solicitar a participación no programa e hasta o luns 30 de marzo todos os alumnos de 3º da ESO que cumpran os requisitos poderán inscribirse no Rexistro do Concello para lograr unha beca para estar no Reino Unido ou en Irlanda durante tres semanas en réxime de integración coa alumnado nativo.

O programa conta con 900 prazas e un orzamento municipal de 2,046 millóns de euros. Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos. O alcalde destacou que a maioría do alumnado viaxa con o custe íntegro sufragado polo Concello.

Más info na web de Vigo en Inglés