O Grupo Chévere antes de que represente EROSKI PARAÍSO estara na Libraría Cartabón

Publicado por o día 11/01/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O Grupo Chévere antes de que represente EROSKI PARAÍSO estara na Libraría Cartabón

En vésperas de que o Grupo Chévere represente EROSKI PARAÍSO no Teatro Afundación de Vigo (venres 18 ás 20:30h) e de Pontevedra (sábado 19 ás 20:30h), integrantes da compañía e da editorial KALANDRAKA presentaran os primeiros tres volumes da colección BIBLIOTECA DE TEATRO: “Río Bravo”, “Annus Horribilis” e “Eroski Paraíso”. Esta iniciativa conxunta pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario” e poñer a disposición do público as súas obras completas para seguir gozando delas cando se pecha o pano. O encontro, aberto ao público, será o xoves 17 ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Urzáiz, 125) de Vigo.