O inicio de tempada nas televisións e as radios chega con numerosos cambios na información

A nova temporada nas radios e televisións trae novidades na información, especialmente destacadas nos medios públicos, onde algúns dos cambios viñeron acompañados de polémica. Facemos un repaso dalgunhas das principais mudanzas.
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de TV

O inicio de tempada nas televisións e as radios chega con numerosos cambios na información

Así. a CRTVG presentou esta semana algúns dos cambios na súa programación cultural, cuxo adianto o pasado maio provocou numerosas protestas de sectores que entenderon que con estas mudanzas se está a suprimir o Diario CulturalDestaca entre as novidades o nomeamento de María Solar como coordinadora de Cultura da CRTVG. Ademais, os medios públicos galegos tamén anunciaron o pasado mércores que Fernando Ónega, Ángel Carracedo e Ricardo Colmenero sumaranse como colaboradores aos informativos da Radio Galega na nova tempada.

Na Radiotelevisión Española, as novidades desta tempada, tras o cambio de goberno producido en xuño, son aínda máis numerosas, con cesamentos e nomeamentos en practicamente todas as seccións de informativos. Estos cambios tamén foron contestados, nesta ocasión cun comunicado que os califica de “represalias” e que se presenta como apoiado por 50 profesionais do ente. Tras a estrea da nova etapa dos Telediarios, o último cambio anunciado foi a destitución de Álvaro Zancajo como director de Canal 24 Horas e o nomeamento de Cristina Ónega para ese posto.

As canles privadas da televisión presentaron tamén as súas novidades para o inicio da tempada informativa, co cambio de imaxe dos informativos de Antena 3 e a amplación do horario de Deportes Cuatro como mudanzas máis destacadas. Pola súa banda, as radios comerciais estrearon xa as voces da nova tempada. O regreso de Mara Torres á Cadena Ser, a presenza de Ángel Expósitoá fronte de La linterna na Cope ou a ampliación de horario de Carlos Alsina en Onda Cero son algunhas das novidades.