A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, celebrou hoxe o éxito de Coñece Vigo, o programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.
Segundo dixo, a aceptación da iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses é tal que en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios están xa completos. Ata o de agora, unhas 500 persoas participaron xa no programa.
En canto ás rutas que están xerando maior expectación, a representante autonómica citou a do Teu Porto e Os Nomes de Vigo, ambas moi solicitadas polos centros educativos e asociacións da cidade.
Xa respecto ás rutas do Vigo Castrexo e Vigo Romano, anunciou que se reformularon mantendo a súa filosofía de orixe tras decidir o Concello de Vigo anular as reservas que estaban feitas en tempo e forma, e incorporando o Museo do Mar de Galicia.
A programación inclúe así nove rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran entorno ás orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe e os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, entre outras.
En todas os cuestionarios de satisfacción a resposta do público é moi satisfactoria, con notas moi altas. A programación está a disposición dos cidadáns na páxina web de Turismo de Galicia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.