Co título Fluxos de Auga, Fluxos de Vida. 20 anos de continuidade dunha nova cultura da auga, bota a andar a décima edición do Congreso Ibérico na Xestión e Planificación da Auga. Será en Coimbra os días 6, 7 e 8 de setembro.
Os temas tratados nestes vinte anos de Congresos Ibéricos teñen incorporado tanto aqueles que centraban o debate social e político arredor da auga en cada momento, como tamén ideas e propostas construtivas encamiñadas a transformar conciencias e atopar novas solucións, cun aceno especial no contexto ibérico e europeo. Este contexto está marcado hoxe polas consecuencias da crise económica e política, e pola evidencia, cada vez máis incontestable, da desestabilización dos sistemas naturais que sosteñen a vida no planeta Tierra.
Nesta décima edición farase tamén balanzo de vinte anos de intercambio continuado de ideas e experiencias, ao tempo que se proxecta esta continuidade en solucións que permitan defender a integridade ecolóxica e social do medio acuático, dos seus territorios asociados e das comunidades que os disfrutan.
Dende o Proxecto Ríos e ADEGA achegaremos a experiencia de 14 anos de voluntariado ambiental arredor dos nosos ríos, con multitude de actividades organizadas e miles de persoas participantes no estudo e conservación dos nosos ríos.
Tamén falaremos dos Campos de Voluntariado do río Tea, iniciados en 2008, nos que a custodia fluvial e a divulgación da problemática que xeneran as especies exóticas invasoras no medio acuático, son o seu eixo principal de actuación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.