O PSdeG urxe explicacións a Feijóo trala vacinación da alcaldesa de Boimorto

Publicado por o día 28/01/2021 na sección de Política,PSOE

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, urxe a Feijóo que saia dar explicacións logo de coñecerse que a alcaldesa de Boimorto, do PP, foi vacinada fronte á covid de xeito irregular, durante a quenda das residencias e dos sanitarios de primeira liña.

“Feijóo ten que resolver esta situación antes da súa xuntanza co presidente do goberno”, requiriu o dirixente socialista, porque “non pode haber sombras de sospeita” sobre como se está desenvolvendo o proceso de vacinación.

Sobre todo, á vista de que o propio Feijóo tratou de restar onte importancia aos episodios irregulares de vacinación contra a covid en Pontevedra ou Burela alegando que “non eran alcaldes do PP”.

“Que tome medidas xa. Por exemplaridade e por xustiza social”, esixiu o vicesecretario xeral do PSdeG a Feijóo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.