Desde o 1º de maio, e ata o 31 dese mesmo mes, o Servizo Galego de Saúde abre o período para exercer o dereito para cambiar de hospital.
Para ese efecto, e como vén ocorrendo nos últimos anos, habilitaranse unhas mesas na planta baixa do hospital para facilitar os trámites ás persoas que desexen cambiarse a Povisa. Os interesados deberán acudir provistos do seu DNI e a súa tarxeta sanitaria, en horario ininterrompido de 9:00 h. a 20:00 h., de luns a venres. O persoal de Povisa ocuparase de efectuar todos os trámites e de entregarlles un formulario que deberán encher in situ.
O cambio tamén se pode xestionar nos centros de saúde, onde hai que acudir tamén co DNI e a tarxeta sanitaria, e onde se poderá solicitar o formulario.
As persoas que estean interesadas en axilizar o proceso e levar xa o formulario cuberto poden descargalo previamente na dirección www.povisa.es/cambioapovisa.
Este ano, o SERGAS concede o dereito para cambiarse a Povisa a todas as persoas empadroadas en Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Moaña e Cangas. No caso específico de Vigo, só poderán exercer o seu dereito ao cambio as persoas que pertenzan aos centros de saúde de Pintor Colmeiro, López Moura, Nicolás Pena, Navia, Rosalía de Castro, Beiramar, Coruxo e Coia. As persoas adscritas a outros centros de saúde deberán cambiarse primeiro a algún dos centros anteriores e a continuación solicitar o cambio de hospital. As dúas xestións pódense realizar no mesmo momento.
O SERGAS tamén facilita os trámites de cambio vía electrónica, aínda que para iso necesítase firma dixital. Povisa habilitou tamén un correo electrónico, [email protected], para responder a calquera dúbida sobre o cambio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.