O sida e o abuso de drogas, as principais causas de morte entre os homes de Vigo entre 1989 e 2014

O novo Atlas Nacional de Mortalidad en España (ANDEES) recolle que durante ese período de tempo o risco de morte por sida e drogas supera nun 50 % a media española
Publicado por o día 07/02/2020 na sección de Galicia,Social,Vigo

O sida e o abuso de drogas, as principais causas de morte entre os homes de Vigo entre 1989 e 2014

A publicación do novo Atlas Nacional de Mortalidad en España (ANDEES) mostra uns datos que arroxan reflexións. As dúas primeiras causas de morte entre os homes de Vigo entre 1989 e 2014 son o sida e a intoxicación por consumo de drogas ou psicofármacos. Ademais, o risco de morte en Vigo para un home por sida ou abuso de drogas é un 50 % máis alto que a media española. Non ocorre o mesmo coas mulleres no que estas dúas causas non están entre as 58 principais razóns de mortalidade feminina na cidade.

Estes datos mostran a forte epidemia de drogas que sufriu a cidade a finais do século pasado e que se cebou especialmente co colectivo masculino. Para a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, estes son datos que “nos deben facer reflexionar sobre o gran mal que pode significar para unha sociedade o consumo de drogas”, ao que normalmente veñen asociadas enfermidades como o sida ou algún tipo de patoloxía mental. “Non podemos esquecer o pasado e temos que continuar aprendendo del”, explica Rivas que reivindica con esta estadística a necesidade de continuar traballando en prevención e educación.

Aínda que a situación non é tan grave como a finais do século pasado non “nos podemos confiar” explica a coordinadora da Asociación Érguete. A experta basease nos resultados da última Encuesta sobre Alcohol y otras Drogas en España (Edades) do período 2017-2018 que mostraban como o consumo de alcol, tabaco e cannabis aumentou nos últimos anos, mentres que o de resto de drogas estabilizouse.

Estatísticas Mulleres

A estes datos hai que sumarlle tamén os publicados na Radiografía dos consumos e adiccións na mocidade viguesa de 12 a 20 anos, elaborada polo investigador Antonio Rial Boubeta e na que participou a Asociación Érguete. A publicación mostraba que os menores de Vigo comezan a consumir alcol aos 13 anos de media, tabaco aos 14, e a primeira borracheira, o cannabis, as pastillas como as anfetaminas, a cocaína, ou os hipnosedantes chegan aos 15 anos. “Nos vemos estes datos con preocupación” explica Rivas. “A evolución é positiva e o os consumos son menores e menos destrutivos, pero as chamadas drogas brandas estanse a estender e a aceptar entre a poboación”, reflexiona. Para a coordinadora da Asociación Érguete para reducir as mortes, e construír unha
sociedade moitas máis saudable é necesario poñer “os datos sobre a mesa para deseñar fortes programas de prevención”. Ela ten esperanza e esta convencida de que “cambiaremos as estatísticas”.

Estatísticas Homes