Obradoiros Sexualidade Agosto na Casa Colorida

Publicado por o día 16/08/2018 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

Obradoiros Sexualidade Agosto na Casa Colorida
O Martes 21 as 18h Obradoiro Ciclicidade e Intelixencia Sexual – Catro Muller, Catro Praceres. Neste obradoiro práctico traballarase ao redor do disfrute do pracer nas diferentes fases do ciclo, no desenvolvemento da intelixencia sexual sobre o propio ser e os diferentes ciclos, sobre a consciencia dos mitos, culpas, medos, limitacións e abrir mecanismos para liberarnos de estes factores autoimpostos e falaremos de como disfrutar unha vida sexual plena axúdanos a crear saúde. Este obradoiro aportarnos ferramentas para toda unha vida.
Os prezos para asistir a este obradoiro son de 15€ ou 12’50Faircoins persoa e 20€ ou 17Faircoins parella.
O Mércores 22 de 17:30h a 19:30h Obradoiro Acompañamento a Sexualidade Adolescente. Este obradoiro práctico esta destinado a nais, pais e titores de persoas que van a entrar na adolescencia ou están nela. Nace da necesidade de xerar un espazo común onde xuntes construír e crear reflexións en torno a expresión da sexualidade nesta etapa, dende a actitude construtiva que poda xerminar nas criaturas e nas persoas adultas.
Os prezos para asistir a este obradoiro son de 20€ ou 17Faircoins persoa e 30€ ou 25Faircoins para participar nalgún dos dous obradoiros ou nos dous precisase inscrición previa a través do mail lunata404@gmail.com.
E coma non queremos que ninguén fique fora do obradoiro por tema económico, se non podes facer fronte o pago en euros ou FC, escríbenos e xuntes buscaremos esas #OutrasEconomias que mellor se adapten.
Precisamos obradoiros como os que María vai desenvolver na Casa Colorida Rúa Rosalia de Castro 16, Nigrán, para coñecernos, coller consciencia, disfrutar dunha vida sexual plena, e liberarnos!