Vigo Convention Bureau móstrase encantada de dar a benvida a un novo socio á súa Fundación, Ocean Secrets.
Ocean Secrets é un proxecto innovador e tecnolóxico que nace do amor pola navegación, a educación e a natureza, para mostrar os segredos mellor gardados do océano, o seu patrimonio, a súa fauna e a súa flora, as súas lendas e misterios dunha forma única e nova .
Ocean Secrets transmite esta experiencia educativa e entretida navegando a bordo do Nautilus, un buque preparado especificamente para a interpretación subacuática, arqueolóxica e ambiental.
O Nautilus, é unha embarcación construída en fibra de vidro de 13 m de eslora e 4,70 m de manga cunha capacidade de 56 pasaxeiros.
Dispón de amplas ventás practicables na zona de pasaxe que permiten unha perfecta visión de 360º, así como de dúas terrazas unha en proa e outra en popa onde a pasaxe poderá gozar do exterior. O Nautilus conta para esta experiencia con equipos da máis alta tecnoloxía, entre os que podemos destacar a Nemo, un espectacular dron submarino que transmite imaxes en directo en 4 K, ademais dunha avanzada sonda multihaz capaz de cartografiar o fondo en 3D a tempo real, un sistema de navegación GPS con cartografía tridimensional ou un Radar 4 G co que experimentarás de primeira man as novas tecnoloxías de navegación, sen esquecerse do factor humano composto por un equipo de profesionais que transmitirá esta experiencia tecnolóxica a través dunha pantalla xigante 4 K e un sistema de son envolvente.
Desde o Nautilus realízanse diferentes percorridos nos que se interpretan as principais características da Ría de Vigo, do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (Illas Cíes) ou da Illa de San Simón. Estes percorridos constan de diferentes partes nas que se explica dunha forma interactiva o patrimonio subacuático e ambiental, a historia, a produtividade das nosas augas e a cultura mariñeira sen esquecerse do tempo libre para gozar da navegación, as paisaxes e do mar.
Como norma xeral os percorridos son circulares con saída e regreso desde o Real Club Náutico de Vigo e o percorrido estándar ten unha duración dunha hora e media.
Ademais dos percorridos dunha hora e media, realízanse roteiros de 1, 4 e 8 horas nas que se poden ofrecer diferentes opcións segundo desexo do cliente e meteoroloxía. Os puntos principais destes roteiros poden ser Cíes ou San Simón, en ambos os casos incluirase unha visita guiada por terra da man de guías profesionais a razón dun guía por cada 25 pasaxeiros.
Numerosas opcións ideais para as persoas que acoden a Vigo a celebrar un evento e queren ofrecer unha actividade orixinal, educativa e entretida aos participantes.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.