Galiza ten un 1,4 millóns de hectáreas de superficie forestada, mais poucos destas masas son bosques autóctonos ben conservados. A substitución das masas forestais e hábitats de monte autóctono (matogueiras, turbeiras, pradarías…) por monocultivos de especies de crecemento rápido, promovidas pola patronal pasteiro-enerxética como “sumidoiros de carbono” e solución “verde” ao problema da mudanza climática, é unha falacia.
En Galiza coñecemos de primera man as consecuencias da substituir bosques autóctonos por monocultivos de especies de crecimiento rápido, quer o piñeiro ou o eucalipto. Temos máis superficie forestada que nunca, mais tamén a biodiversidade forestal, a fertilidade dos solos e a capacidade de retención da auga diminuíron. En paralelo, disparáronse os lumes forestais e a erosión fíxose máis intensa en amplas área de monte.
Deste xeito, o aumento da superficie forestal non ten redundado na millora dos hábitats naturais de bosque autóctono. Estas masas arboreas provintes de plantacións intensivas son moito menos biodiversas, apenas reteñen humidade e co problema dos lumes que traen aparellado, degradan o solo en troques de arrequecelo. Para nós, esta caste de plantacións forestais nunca poderán ter a consideración de bosques.
A este respeito, un recente artigo publicado en Science, conclúe que a sustitución das frondosas autóctonas por coníferas en Europa dende 1850 até a actualidade é unha das causas do aumento das temperaturas. Consideran un grave erro grave erro querer mitigar los efectos do cambio climático con cultivos forestais: o aceno hai que poñelo na redución das emisións!!
Polo que atinxe ao aproveitamento da biomasa forestal, outro dos obxectivos do colectivo monte-industria para os montes galegos e que está a supoñer unha nova vaga de forestación masiva con especies de crecemento rápido, tampouco achega solución algunha á loita contra a mudanza climática.
Máis ben ao contrario: unha manchea de científicos e científicas veñen de alertar sobre o uso masivo da biomasa forestal primaria, quer dos cultivos enerxéticos, para producir enerxía. Mesmo o proceso plantación, recolección e queima masiva de plantacións forestais en centrais de buiomasa podería xerar máis carbono por kw que algúns combustíbeis fósiles.
Por estas e outras consideracións é que promovemos unha ILP para a millora dos bosques autóctonos, a racionalización dos usos do monte e a loita contra os lumes forestais e a mudanza climática que o PP vén de rexeitar no Parlamento Galego.
A planificación da Xunta de Núñez Feijóo pasa por máis eucaliptos, máis biomasa e consecuentemente máis erosíón, incendios e secas. Xa estamos a sufrir os efectos desta política suicida, que en poucos anos farán de Galiza (se non o é xa) a “Galifornia” de Europa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.