Os nenos e nenas do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol acudían esta mañá a unha sesión de cine especial. A aula hospitalaria, no primeiro andar do Complexo, transformábase en cine para emitir a estrea do filme A Galiña Turuleca. Isto foi posible grazas á iniciativa da Fundación Andrea, e o apoio de Filmax e da Xunta de Galicia. Os nenos que pola súa patoloxía tiñan que estar illados desfrutaron tamén deste personaxe especial dende os seus cuartos en monitores individuais.
Tal e como indican dende a Fundación Andrea, “o obxectivo desta acción é poder achegar a maxia do cine ós nen@s ingresad@s, e irromper na súa rutina cunhas horas de ilusión e entretemento”, nas que, xunto cos seus pais, poden desfrutar en familia das aventuras desta galiña. Era posible tamén esta mañá retratarse coas figuras a gran tamaño dos personaxes.
A Galiña Turuleca é unha coprodución internacional entre España e Arxentina, que se preestreaba en San Sebastián na Festival Internacional de Cine, o pasado setembro.
Ademais, esta Fundación aproveitaba a visita desta mañá para ceder unha pantalla con consola, xogos e películas para a UCI pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. A Área Sanitaria de Ferrol agradece esta iniciativa da Fundación Andrea e a colaboración dos e das profesionais do Complexo que permitiron unha sesión peculiar coa Galiña Turuleca.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.