Os traballos executados por Ferrovial permitiron reparar as fochancas e arrastres de terra provocados polos temporais de choiva. Empregouse pavimento de terrizo de xabre con cemento ocre

Os traballos executados por Ferrovial permitiron reparar as fochancas e arrastres de terra provocados polos temporais de choiva. Empregouse pavimento de terrizo de xabre con cemento ocre
Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Galicia,Pontevedra

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de executar unha actuación de emerxencia destinada a reparar os desperfectos que os temporais de choiva rexistrados en decembro provocaron na senda fluvial do río dos Gafos. En concreto, o departamento dirixido por Iván Puentes rehabilitou uns 50 metros do treito de sendeiro que percorre a zona de Ponte Boleira (no entronque coa avenida de Vigo), onde as escorrentías provocaran arrastres de terra e fochancas de grandes dimensións.

Segundo explica o edil socialista, a intervención foi realizada por un equipo da empresa concesionaria Ferrovial, contou cun orzamento de 3.000 euros e “permitiu a reparación de tódalas fochas mediante un pavimento de terrizo de xabre cunha porcentaxe de cemento de cor ocre, que lle dará máis estabilidade de cara ao futuro”. “As obras incluíron ademais a revisión e mellora das escaleiras de madeira que conectan a senda dos Gafos coa avenida de Vigo neste punto, que tiñan algunha peza e chanzo en mal estado”, indicou Iván Puentes.

A acción das enchentes que o río sofreu o pasado mes tamén provocara o arrastre de dúas pasarelas de madeira que facilitan o tránsito polo sendeiro dos Gafos nas inmediacións da Ponte Valentín. Un grupo de voluntarios da Concellería de Deportes e a Sociedade Ximnástica que colabora coa ‘Rara pero San Silvestre’ encargouse de devolvelas á súa ubicación habitual o pasado 5 de xaneiro.