A crise sanitaria orixinada pola pandemia do Covid19 co seu crudo drama humano copou toda a atención mediática relegando a un sombrío e perigoso segundo plano á emerxencia climática. Nembargantes desta pandemia é a súa superación podemos aprender unha lección esencial para enfrentarnos a crise climática. A sociedade a nivel mundial foi capaz de organizarse, mudar hábitos e regular as actividades económicas para aminorar as consecuencias da pandemia. Superar a crise climática vai solicitar un esforzo aínda maior pero acometeremolo coa certidumbre de que somos capaces de levalo a bo término.
O venres 5 de xullo as ecoloxistas saimos ás rúas nunha nova acción global para esixir que o goberno e a sociedade retome o pulso a emerxencia climática. Para levar a cabo esta necesaria transición ecosocial con xustiza climática é imprescindible camiñar xuntas coas centrais sindicais do país, con pasos decididos pero non a costa da clase traballadora galega. Nesta palestra “SINDICALISMO HOXE PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL” abordaremos este tema con dos destacados referentes do sindicalismo galego, na sala virtual https://meet.jit.si/MovementoGalegopoloClima
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.