Política Social convoca unha nova orde de axudas para a concesión de prestacións por fillos a cargo menores de 3 anos

A dotación desta convocatoria é de 700.000 euros que se distribuirán en axudas de entre 360 e ata 2400 euros
Publicado por o día 20/01/2020 na sección de Educación,Social,Xunta de Galicia

Política Social convoca unha nova orde de axudas para a concesión de prestacións por fillos a cargo menores de 3 anos

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas para as familias con fillos a cargo menores de tres anos para este ano 2020. Estas axudas irán destinadas a persoas que teñan nenas ou nenos de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 e que durante o ano 2018 ningún dos integrantes da unidade familiar presentara a declaración polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondente a este período.

A dotación desta convocatoria é de 700.000 euros. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo, sendo a contía por unha nena ou neno menor de 3 anos de 360 anos, 1200 cando sexa a segunda filla ou fillo e 2400 para terceiros fillos e sucesivos.

As persoas interesadas deberán presentar un formulario normalizado por internet a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo para realizalo comezará o día seguinte da súa publicación no DOG e rematará 35 días hábiles despois.

Ademais deste formulario, os solicitantes deben achegar unha copia do libro de familia; xustificante de empadroamento; no caso de nulidade, separación ou divorcio: a copia da sentenza ou resolución xudicial; e no caso de adopción ou acollemento: a resolución xudicial ou administrativa.