O Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá catro novos obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da institución provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A próxima quenda de “Smartpeme” en Pontevedra será este xoves, 18 de xaneiro, ás 19.horas co curso “Sabes como converter a túa páxina web nunha páxina segura?”. A seguinte cita terá lugar o luns 22 de xaneiro, tamén ás 19 horas, cando impartirase o curso “Comercio electrónico para micropemes”. Pola súa banda, o mércores 24 de xaneiro, a mesma hora, Pontevedra acollerá o curso “Guía de boas prácticas para redes sociais”. Por último, o luns 29 de xaneiro organizarase o obradoiro “Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio”. A oficina “SmartPeme” de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Lembramos que o novo proxecto “SmartPeme“, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, “é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma as persoas emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”. Para isto, nas oficinas de “SmartPeme” no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo hai itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networkingtrimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial das e dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC a provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.