Ramallo e Novas visitan as obras xa finalizadas de mellora no lugar da Gorita

Publicado por o día 13/01/2021 na sección de Galicia,Marín

Ramallo e Novas visitan as obras xa finalizadas de mellora no lugar da Gorita

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron a finalización dos traballos de creación dun muro de sostemento no lugar da Gorita, en Loira, ao bordo dun camiño que é a única vía de comunicación posible para tres vivendas que se atopan alí.

Esta obra foi realizada pola empresa Viñas Blancas por un importa de 37.060,96 euros máis IVE, e con ela se resolven as importantes deficiencias que presentaba esta infraestrutura viaria: inestabilidade que supón un desmoronamento e, consecuentemente, unha progresiva desaparición do firme.

Ramallo e Novas afirman que esta intervención foi totalmente necesaria para resolver esta situación, creando un muro que agora conta cunha altura de algo máis de 2 metros. Con este proxecto o Goberno local continúa no seu labor de mellorar e ofrecer bos servizos de carácter público á veciñanza, tanto do casco urbano como no rural.

Comentar noticia

Your email address will not be published.