Remata a primeira das consultas dixitais online dirixida á veciñanza en Ponteareas

Publicado por o día 28/03/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O vindeiro luns 2 de abril, rematará a primeira das consultas  dixitais online dirixidas aos residentes en Ponteareas. Este primeiro conxunto de enquisas -a residentes das parroquias, casco urbano e aos novos veciños que se instalaron nos últimos anos no municipio- levan colgadas na web do Concello dende o 1 de febreiro, e aspiran a ser o inicio dunha serie de consultas periódicas que de xeito intermitente (a modo de observatorio de opinión) realizará o goberno municipal á veciñanza coa intención de coñecer as súas inquedanzas e propostas.

O goberno de Ponteareas segue a apostar pola participación cidadá para confeccionar un futuro á medida das necesidades da veciñanza. Intención que tamén se recolle nas liñas a seguir na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” financiada con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional.