“ParaTERCO” Energía
En 2016, Paratermo Energía solicitou os permisos para construir unha planta industrial de produción de metanol e hidróxeno a carón do río Camba en Viana do Bolo (Ourense). O proxecto, duramente criticado por Sociedade Galega de Historia Natural (ver alegacións), afectaba á contorna do PN do Invernadeiro, dous hábitats prioritarios e unha ducia de especies ameazadas. Tan perxudicial era que recibiu unha das escasísimas días desfavorables da D.X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG nº 56, do 21-03-2017).
Con terquedade, Paratermo Energía SL solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) un aproveitamento de 4,95 l/s de auga para a planta de metanol e hidróxeno. Ningún departamento da Consellería de Medio Ambiente se personou no trámite. SGHN si, solicitando que se desbotase total e definitivamente a concesión solicitada (ver alegacións).
Afortunadamente, a CHMS tivo en conta as alegacións de SGHN, a única entidade que saiu en defensa do río Camba, e rexeitou a concesión de augas. E sen auga para o proxecto frústanse as intencións de Paratermo Energía de obter un cambio na DIA.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.