A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou hoxe as 72 emendas ao articulado dos Orzamentos da Xunta co obxectivo de garantir “maior transparencia, a redistribución da riqueza como garantía de igualdade e a calidade dos servizos públicos”. Hoxe comezou o trámite en Comisión do ditame da Lei de Orzamentos 2021 previo ao debate final en Pleno, no que foron aprobadas 5 emendas socialistas e unha máis transaccionada.
Rodríguez Rumbo lamentou que a Xunta “desaproveite a oportunidade aberta polos fondos adicionais con motivo da covid, renunciando a reforzar os servizos públicos e mudar un sistema que padece 11 anos ininterrompidos de recortes e deterioro por parte do PP”. Criticou o “rodillo” do PP, que rexeitou a inmensa maioría das emendas presentadas pola oposición, pechando a porta a un novo impulso imprescindible aos servizos públicos en tempos de coronavirus.
A responsable socialista explicou os principais grupos de emendas presentadas polo Grupo Socialista, que pasan por mellorar a transparencia e bo goberno da administración autonómica, o reforzo dos recursos dos concellos e o seu papel na prestación de servizos públicos, e o reforzamento do emprego público como vía de mellora da calidade dos servizos públicos.
En primeiro lugar, os socialistas suprimir as retribucións dos altos cargos como membros dos consellos de administración das entidades do sector público autonómico. Rodríguez Rumbo reclamou maior información sobre as subvencións concedidas polo goberno galego, a simplificación dos trámites para obter axudas e información sobre a participación da Xunta en calquera sociedade ou entidade.
Tamén pediu limitar as modificacións orzamentarias unha vez aprobadas as contas autonómicas, para frear o abuso da partida de imprevistos como partida conte para evitar o transvase de partidas non autorizadas. No mesmo sentido, propuxo limitar o máximo das transferencias de crédito autorizadas para as consellerías, así como prestar información cumprida ao Parlamento sobre os expedientes de contratación superiores a 3.000 euros.
Os socialistas galegos reivindican limitar as fórmulas de colaboración público – privadas para o financiamento de investimentos nos servizos públicos básico, así como un Plan de publicidade e comunicación institucional que clarifique as partidas destinadas a publicidade e propaganda das consellerías e entes instrumentais. Reivindicou ademais impedir a especulación co solo desenvolvido por iniciativa pública e interese xeral.
Concellos
Rodríguez Rumbo reclamou ademais que o Fondo de Cooperación Local sexa considerado “como un fondo incondicionado na súa totalidade”, e abordar coa Fegamp a Lei de Financiamento Local, clarificando as competencias municipais e o seu funcionamento, así como o reparto dos fondos de forma obxectiva e transparente.
Lembrou que o goberno galego segue sen desenvolver o Pacto Local asinado en 2006 e que determina a participación da Xunta no financiamento de custes de mantemento de servizos que hoxe están a ser prestados polos concellos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.