🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Informes sectoriais da Xunta subliñan os graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro

Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento… incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal… e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta nos seus informes sectoriais ao proxecto mineiro de Touro, e que vimos de coñecer. En consecuencia, Industria (o órgano substantivo) debería rexeitar […]

Voluntariado de ADEGA participará na eliminación de invasoras na Praia do Rostro (Fisterra)

ADEGA organiza unha nova actividade de voluntariado ambiental para eliminación de invasoras este sábado 7 de Abril. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é a Praia do Rostro (Fisterra) que forman parte do LIC da Costa da Morte. Esta actividade enmarcase dentro do convenio que ADEGA asinou coa Dirección Xeral de Patrimonio […]

Unanimidade no Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse

O concello de Teo, como algúns outros en Galiza, aprobou o pasado ano unha moción a prol da biodiversidade e contra a eucaliptización que incluía unha solicitude ao Ministerio (de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) para a inclusión do eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras. A novidade é que o […]

As hipotecas ambientais da mina de Touro: enxurrada de metais tóxicos baixan polo Ulla cara a ría

Foi o 28 de novembro cando membros de ADEGA, guiada por integrantes da Plataforma “Mina Touro-O PIno NON”, achegámonos a Touro para recoller senllas mostras das augas que dende o complexo mineiro escoan aos ríos Pucheiras e Portapego. Cumprindo cos protocolos de recollida, as mostras foron convintemente etiquetadas e remitidas a un laboratorio homologado para […]

Inaugurada a exposición sobre o cambio climático e o modelo enerxético en Lugo

Este 12 de marzo inaugurouse no Pazo de San Marcos a exposición que sobre o cambio climático e o modelo enerxético promove a Deputación de Lugo. Permanecerá aberta até o 24 de marzo, data da “Hora do Planeta”, no marco das xornadas “Enerxía e Clima”. A exposición, composta por 13 paneis e elaborada coa colaboración do […]

Demoledor informe de Agricultura contra a mina de ERIMSA en Mesía: a que agarda Industria para rexeitar o proxecto?

8 meses despois da emisión por parte de Medio Rural do informe preceitivo sobre o proxecto de mina de seixo en Mesía, e tras reiteradas peticións dende o Parlamento por parte do grupo do BNG, vimos de coñecer o contido deste informe. As conclusións son rotundas e demoledoras: “…esta Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e […]

Resultados do informe anual 2017 sobre o estado de saúde dos ríos galegos

O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis […]

Morte a tiros dun lobo en Valiñas (Barro)

O martes un veciño de Barro atopou un lobo morto no lugar de Valinas. O animal levaba menos de tres días morto e conta con tres orificios que sinalan posibles perdigóns. As organizacións asinantes solicitamos que se investigue este feito que ao coincidir coa celebración do recente campionato de Pontevedra de caza de raposo (proba […]