Un ciclista sofre unha caída nunha zona illada en Nigrán

Publicado por o día 09/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

Un ciclista sofre unha caída nunha zona illada en Nigrán

A caída dun ciclista obrigou a activar un operativo de rescate nun zona illada do concello de Nigrán.

Ocorreu preto das doce deste mediodía, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda.

Mediante o envío da localización por whatsapp, os xestores do 112 Galicia puideron precisar a situación do ciclista ferido e activar un operativo de rescate do que formaron parte os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros e GES de Val Miñor. Tamén participaron os axentes da Policía Local, quen conseguiron rescatar ao ciclista e facilitaron a súa atención por parte do equipo médico.

O ciclista atopábase nas inmediacións do Parque Forestal de Coruxo, entre os concellos de Vigo e Nigrán.