Unha persoa colide co seu vehículo contra un cabalo que interceptou na N547, ao paso por Palas de Rei.
Ocorreu ás 22 horas de onte, tal e como indicou a propia persoa implicada no accidente na súa chamada ao 112 Galicia.
Durante a comunicación, a afectada indicou que estaba ferida, polo que, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tamén, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES de Monterroso, quen confirmaron que o animal morto na vía sería retirado, aínda que sospeitaban da presenza doutros exemplares soltos pola zona.
Pola súa parte, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron á ocupante de vehículo ao centro hospitalarios de referencia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.