O Grupo Parlamentario de Unidas Podemos-En Comú Podem- Galicia en Común vén de rexistrar unha pregunta escrita relativa ás manchas negras coas que amencía a praia de Bastiagueiro, na localidade coruñesa de Oleiros, esta fin de semana.
O deputado pola Coruña e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, sinalou que “dende o noso grupo existe unha lóxica preocupación por estes residuos, tendo en conta que o noso país sufriu nas últimas décadas varios desastres ecolóxicos como consecuencia de verquidos de fuel”. Por iso o portavoz pide explicacións ás autoridades competentes en relación á orixe e natureza destas manchas negras, así como se existe algún plan para a súa retirada e limpeza da praia.
Pola súa banda, o deputado verde da formación e presidente da Comisión de Transición Ecolóxica, Juantxo López de Uralde, asegurou que “os verquidos de residuos dende buques seguen, desgraciadamente, a contaminar os nosos mares. É imprescindible que se persigan con firmeza para manter uns mares vivos”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.